Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE e UP propoñen un novo tipo de malversación que baixa a pena a 4 anos

O PSOE e UP propoñen un novo tipo de malversación que baixa a pena a 4 anos

Corrixe a proposta de ERC e permitiría reducir en dous anos os castigos de cárcere do actual Código Penal

O voceiro socialista no Congreso, Patxi López. EFE/Javier Lizon O voceiro socialista no Congreso, Patxi López. EFE/Javier Lizon
G24.gal 11/12/2022 11:57 Última actualización 11/12/2022 12:50

O PSOE e Unidas Podemos van presentar este luns no Congreso unha proposta de reforma do Código Penal que engade un novo tipo de malversación que penaliza con ata catro anos de cárcere e seis de inhabilitación o desvío orzamentario irregular dentro da mesma Administración pública.

Esta iniciativa, avanzada polo xornal La Vanguardia, permitiría rebaixar en dous anos as penas do actual Código Penal, que establece ata seis anos de prisión e dez de inhabilitación por este delito. 

Segundo fontes próximas á Moncloa, con esta proposta non quedará ningún suposto de malversación despenalizado, nin o máis leve, que sería o novo delito incorporado e que aínda non estaría pactado con ERC.

Ademais, incluiríanse outros comportamentos que agora non están castigados, coma o enriquecemento ilícito para aqueles cargos que obteñan un incremento patrimonial, sen acreditar, de máis de 250.000 euros durante o seu mandato, penado con ata tres anos de cárcere.

A intención do Goberno é que ningunha actuación que supoña un desvío de fondos públicos, sexa cal for o seu destino, quede exento de castigo, aínda que se distingan máis supostos e gradacións.

Código actual

O Código Penal actual, modificado polo PP no 2015, establece un delito de malversación independentemente do destino dos cartos desviados, cun castigo de dous a seis anos de cárcere (entre seis e dez de inhabilitación), cun tipo agravado que pode chegar aos oito ou aos doce.

O PP eliminou calquera distinción anterior sobre se había lucro persoal ou non. Considerábase que calquera desvío de fondos públicos era malversación e fixábase unha pinza de penas moi ampla.

Proposta de ERC

Co pano de fondo das condenas e posibles futuros procesamentos polo referendo ilegal do 1 de outubro, ERC quere reintroducir o concepto de ánimo de lucro persoal ou de terceiros como condición para a malversación máis grave, conservando as penas que fixou o PP (de 2 a 6 anos).

Nas súas iniciativas, engade un artigo 432 bis de malversación sen ánimo de enriquecerse, na que os cartos se destinan a fins particulares (de 6 meses a 3 anos). Segundo Esquerra, os seus dirixentes procesados non incorren neste suposto porque o diñeiro non foi para fins particulares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade