Cargando resultados...
Puente alenta unha contraoferta española sobre Talgo para evitar a OPA húngara
Puente alenta unha contraoferta española sobre Talgo para evitar a OPA húngara
"É unha empresa que temos que protexer, e imos tratar de xogar o noso papel", di o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible
G24.gal
15/04/2024 14:50
O Goberno busca un comprador español para Talgo que permita desactivar a OPA dun consorcio húngaro. O ministro de Transportes di que agardan un investidor alternativo para facerse cunha empresa que cualifica de estratéxica, xa que a súa tecnoloxía ten unha aplicación militar.
"Polo seu carácter histórico, tecnoloxía crítica e pola súa españolidade, é unha empresa que temos que protexer, e imos tratar de xogar o noso papel. Creo que esa alternativa se vai construír sen o auspicio do Goberno de España, pero se houber que auspiciala pois valoraríamos", recoñeceu Óscar Puente.