Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pugna dialéctica entre Illa e Feijóo, que tamén se acentúa no ámbito nacionalista

Pugna dialéctica entre Illa e Feijóo, que tamén se acentúa no ámbito nacionalista

Salvador Illa dille a Feijóo que  "vai moi mal" se quere practicar en Cataluña a política que fai en Madrid

O líder do PP sostén que o PSC apela ao voto constitucionalista "para entregarlles o poder aos separatistas"

G24.gal 05/05/2024 14:55

O socialista Salvador Illa estivo acompañado por Rodríguez Zapatero en Xirona. Optou por centrarse en cuestións como sanidade, educación ou vivenda e deixou unha mensaxe para o líder do PP:

"Señor Feijóo, que tamén leva dous días dedicándome algunhas frases: se vén a Cataluña para practicar ou a aconsellarlles aos seus aquí que practiquen a mesma posición que ten en Madrid, vai moi mal".

En Salou, Núñez Feijóo explicou que Cataluña non ten que elixir entre o egocentrismo de Sánchez ou o de Puigdemont e falou do constitucionalismo interesado dos socialistas.

"Pídenlle o voto aos constitucionalistas para entregarlle o poder aos separatistas. Iso é o que ocorreu e o que segue ocorrendo por moito que tente branquearse. Parece que Cataluña está obrigada a elixir entre as distintas formas de mentirlle á xente eu digo que non".

En Esquerra, Aragonès segue dirixindo as críticas contra Illa e Puigdemont, cos que disputa o voto.

"Xa nos avisaron desde o partido de Carles Puigdemont que queren baixar impostos a quen máis ten para rebaixar servizos a quen menos ten".

Mentres, Puigdemont reivindicou unha Cataluña do futuro con autoestima, orgullo, identidade e ambición.

"Conscientes de que temos capacidade para facer grandes cousas, para ser protagonistas de grandes vitorias e para facer unha contribución á humanidade con voz propia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade