Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont compárase con Sánchez e defende a lexitimidade de presentarse á investidura

Puigdemont compárase con Sánchez e defende a lexitimidade de presentarse á investidura

O PSOE nega o apoio a un goberno independentista 

Núñez Feijóo aposta a que Sánchez permitirá que Puigdemont goberne Cataluña despois das eleccións europeas

G24.gal 14/05/2024 18:15 Última actualización 14/05/2024 18:22

Carles Puigdemont compárase con Pedro Sánchez para xustificar a lexitimidade de presentarse á investidura malia quedar segundo nas urnas. Unha apelación directa ao PSOE para que permita coa súa abstención un goberno independentista en Cataluña.

Os socialistas pechan a porta. Pero o Partido Popular non se fía. Teme que o PSOE ceda ás presións de Puigdemont e lle permita gobernar Cataluña a cambio de manter o seu apoio en Madrid.

Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, di: "Sánchez vaille dar ao independentismo o poder que non obtivo nas urnas, como fixo non conxunto de España. O  procés non morreu, porque o sanchismo necesítao vivo para subsistir na Moncloa"

Desde o Goberno afirman que non hai ningunha estratexia e din que a gobernabilidade de Cataluña non afecta á lexislatura en marcha.

"Vai haber goberno en Cataluña que atenda a petición dos cataláns de abrir unha nova etapa. E a esta lexislatura quédanlle tres anos como pouco", afirma Pilar Alegría, a portavoz do Executivo.

No medio da partida está Esquerra Republicana, que segue negando o apoio tanto a Illa coma a Puigdemont. Tras a dimisión de Pere Aragonès, Oriol Junqueras postúlase para seguir liderando o partido. Nunha carta á cidadanía descarta unha retirada e di que está con forza para seguir traballando malia a desfeita electoral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade