Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont protagoniza unha nova fuxida sete anos despois

Puigdemont protagoniza unha nova fuxida sete anos despois

G24.gal 08/08/2024 14:26

Carles Puigdemont fuxía por primeira vez de España en outubro de 2017. Sete anos despois, tras un breve paso por Barcelona, volve estar en paradoiro descoñecido. 

O 27 de outubro do 2017, o Parlament catalán aprobaba a declaración unilateral de independencia. A resposta do Goberno de Rajoy foi a aplicación do artigo 155. 

Puigdemont foxe de España no maleteiro dun coche. Estableceuse en Waterloo e alí comezou un exilio voluntario. Sete anos nos que pasou dúas veces por prisión, en Alemaña, en marzo do 2018, e en  Italia, en setembro do 2021. E as dúas veces quedou en liberdade. Dende Waterloo viu como os seus compañeiros de Goberno entraban e saian da cadea. No exilio liderou tres candidaturas de Junts. Foi elixido eurodeputado. E na campaña das últimas, as do pasado 12 de maio, anunciou que volvería a España e se non era elixido president, deixaria a política.

Antes, chegou a un acordo co PSOE para apoiar a investidura de Pedro Sánchez, e a lei de amnistía foi unha realidade. Pero o Supremo rexeitou amnistiar o delito de malversación e mantén a orde de detención de Puigdemont. Onte anunciou que volvía a España. Hoxe, chegou, falou e fuxiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade