Punto a punto, o camiño do Lugo á permanencia
Punto a punto, o camiño do Lugo á permanencia
Empataron 0-0 contra o Ibiza nun partido de poucas ocasións
Gerard Valentín tivo a ocasión máis clara do partido a 5 do final pero topou co longueiro
Pau levado polo Lugo no seu enfrontamento contra o Ibiza. Nas horas previas, Albés calificaba o choque coma un partido de seis puntos que, finalmente, quedou en un.
Lebedenko foi o primeiro en tentalo no minuto trece. pouco antes de marchar lesionado por un problema muscular.
So houbo dous disparos a porta. E os dous foron do Lugo. O primeiro no minuto dezaoito por medio de Juanpe rexeitado por Germán Parreño.
Nada máis voltar do descanso, Chris Ramos pediu penalti neste choque con Gálvez.
O primeiro achegameno do Ibiza non se produciu ata o minuto 50 nunha acción de Cristian Herrera remaada por Castell.
A que respondeu Chris Ramos co segundo e último disparo entre paus do encontro.
Valentín volveu á titularidade para facer internadas coma esta que remata nun lanzamento de Ricard Sánchez.
A xornada tamén foi emotiva para Christian Herrera que volvía o Anxo Carro e que a piques estivo de marcar neste corner sacado por Bogusz.
Nos últimos minutos, Albés deu entrada a Campabadal, Alberto, Hugo Rama e Manu Barreiro que prolongou este saque de banda para Señé, na ocasión máis clara do segundo tempo. Finalmente, cero a cero e todos, tan amigos, pero descontentos.