Que é unha DINA e por que é tan difícil de predicir?
Que é unha DINA e por que é tan difícil de predicir?
O movemento errático é o que fai máis difícil a súa previsión
Fálase de choiva torrencial, pero din os meteorólogos que DINA é o termo exacto para definilo. O normal é que as borrascas e os anticiclóns circulen de oeste a leste, pero ás veces fórmanse ondulacións que dan como resultado bolsas de aire frío que se independizan en altura ata cobrar vida propia.
Varios son os factores que inflúen como a enerxía que absorben da temperatura da auga moi cálida do Mediterráneo, a humidade e á parte da inestabilidade que temos polo embolsamento de aire frío. E todo isto amplifícase cando se atopan elevacións orográficas como sucede no Levante español
O movemento errático da DINA é o que precisamente fai máis difícil a súa previsión. Tanto que ás veces pode chegar a xirar en sentido contrario ao das borrascas e permanecer estancada nun mesmo lugar durante horas, o que aumenta o seu potencial destrutivo.
Finais do verán e comezos do outono son as épocas máis propicias para que se formen as DINA.