Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que sobe e que baixa coa entrada do 2023?

Que sobe e que baixa coa entrada do 2023?

O ano arranca co aumento das pensións, do salario mínimo e do ingreso mínimo vital

Tamén haberá subas no sector das telecomunicacións e na peaxe de once autoestradas

Baixa ou se elimina o IVE dalgúns alimentos, o que provocará o seu abaratamento

G24.gal 30/12/2022 20:55 Última actualización 01/01/2023 13:58

O ano 2023 arranca co aumento das pensións, do salario mínimo e do ingreso mínimo vital, aínda que neste exercicio tamén se agardan subas das telecomunicacións e das autoestradas, mentres baixa ou se elimina o IVE dalgúns alimentos, o que provocará o seu abaratamento.

Pensións e salarios

suba das pensións será do 8,5 %, revalorización que se calculou co dato de inflación de novembro e que se aplicará ás contributivas e ás clases pasivas.

As non contributivas incrementaranse nun 15 % conforme ao acordado polo Goberno con EH Bildu no marco de la negociación presupostaria no Congreso.

O salario mínimo interprofesional subirá entre un 4,6 % e un 8,2 %, ata os 1.046 ou 1.082 euros mensuais en 14 pagas atendendo ao informe elaborado polo comité de expertos do Ministerio de Traballo.

Con todo, as negociacións continuarán en xaneiro xa que os sindicatos pediron que a alza sexa do 10 % e a patronal do 4 %. A aplicación da suba cando se aprobe será con efecto retroactivo á data do 1 de xaneiro.

A base máxima de cotización tamén se revaloriza nun 8,5 % e a este incremento hai que sumarlle a entrada en vigor do mecanismo de equidade interxeracional que implica unha alza de 0,6 puntos das cotizacións dos que 0,5 puntos serán pagados pola empresa e 0,1 polo traballador.

Tamén se recupera en 2023 o 60 % da base reguladora da prestación por desemprego desde os 6 meses. Beneficiará unhas 300.000 persoas cunha mellora da prestación de 100 euros máis de media ao mes.

O orzamento para 2023 contempla a alza salarial do 2,5 % para os empregados públicos, máis outro punto variable que irá condicionado á inflación de 2022 e 2023, a tamén ao avance do PIB.

O ingreso mínimo vital sobe un 15 % ata os 565,37 euros mensuais ao que haberá que sumarlle un complemento adicional en función do número de menores que haxa no fogar e das súas idades.

Peaxes, butano e carburantes

As tarifas en once autoestradas dependentes da Administración xeral do Estado soben un 4 % pero desde 2023 elimínase o IVE dos alimentos de primeira necesidade mentres se reduce á metade do 10 % ao 5 % en aceites e pastas.

bombona de butano empezará o ano nos 18,58 euros e o seu prezo será revisado o terceiro martes de xaneiro pero ata o 30 de xuño seguirá limitado a un máximo de 19,55 euros.

No tocante aos carburantes xa non haberá o desconto do Goberno que supoñía uns 11 euros menos ao encher un depósito medio de 55 litros. Só se mantén para colectivos profesionais e para o transporte por estrada.

Transportes con descontos

Os bonos gratuítos de proximidades e media distancia convencional de Renfe, así como os descontos do 50 % dos abonos Avant quedaron prorrogados durante un ano. Nos autobuses continúa a gratuidade dos abonos e títulos multiviaxe das liñas de titularidade estatal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade