Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quedada nocturna en Lugo: cinco denunciados, unha persecución e 350 participantes

Quedada nocturna en Lugo: cinco denunciados, unha persecución e 350 participantes

Entre os denunciados polo operativo da Policía Local, destaca o condutor perseguido por unha patrulla que circulou pola cidade a uns 140 km/h

G24.gal 15/01/2024 13:23

Un condutor temerario, que foi detectado por un dispositivo de vixilancia despregado pola Policía Local para controlar unha quedada de vehículos en Lugo, foi perseguido por unha patrulla cando circulaba a case 140 km/h, de modo que acabou como investigado por un delito contra a seguridade do tráfico e con tres denuncias por conducir de forma neglixente.

Os feitos sucederon esta fin de semana, cando a Policía Local despregou un dispositivo especial de vixilancia tras ter coñecemento dunha quedada de vehículos no aparcadoiro dun centro comercial da cidade, cun vehículo camuflado, dúas patrullas do Grupo Operativo Nocturno e unha da Unidade de Atestados.

Tamén empregaron dispositivos equipados con cámaras para vixiar aos 350 vehículos que participaron nesa quedada.

Os axentes que participaban nese dispositivo viron que un vehículo circulaba de forma temeraria, “con grave risco” para o propio condutor “e para o resto de usuarios da vía”, nunha zona “con escasa iluminación, abundante tráfico e a estrada mollada”.

De feito, a patrulla que levou a cabo a persecución, chegou a alcanzar os 134 quilómetros por hora.

O condutor foi investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria, "por conducir un vehículo de motor de forma manifestamente temeraria".

Outro condutor foi denunciado por non pasar a ITV no prazo regulamentario e outros tres por circular de forma neglixente, dúas deles por derrapar na zona de aparcamento e outro por dar reviravoltas nunha glorieta próxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade