Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas en Santiago por actos incívicos acotío onda a dársena de Xoán XXIII

Queixas en Santiago por actos incívicos acotío onda a dársena de Xoán XXIII

Denuncian que é un punto de venda de droga e que teñen medo a saír á rúa a partir da mediatarde

Imaxe deste martes da zona en que se focalizan as molestias por accións incívicas dun grupo de persoas
G24.gal 12/09/2023 14:02

Residentes nesta rúa compostelá cualifican de insostible a situación que están a sufrir desde hai tempo. Estivemos pola mañá e, polo que nos contan, o problema maior víveno cada tarde e localízase neste espazo, á metade da rúa da Costa Nova, que se converte en punto de encontro de vendedores e compradores de droga.

"Temos que convivir día a día con ruído, venda de drogas, xente que dorme, defeca e ouriña na rúa...", salienta Angel, veciño de Costa Nova de Abaixo. A súa veciña Monte destaca "o ruído nocturno e o tema de drogas. Isto é insostible".

Os donos do negocio hostaleiro da rúa xa sofren as consecuencias da crítica en redes por clientes que viviron as molestias que os veciños denuncian.

Estes tamén salientan a mala imaxe que levan da cidade os miles de turistas que se moven en autobús e empezan e acaban a súa visita a Compostela. Na porta do local de información está a pegada da última acción vandálica, este domingo. Os prexudicados séntense abandonados. 

Os máis prexudicados din que non saen á rúa con tranquilidade e que a situación require solución sen máis demora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade