Queixas pola lentitude das obras de drenaxe na A-52 na zona que rexistrou un accidente mortal
Queixas pola lentitude das obras de drenaxe na A-52 na zona que rexistrou un accidente mortal
Unha soa máquina leva dous meses traballando no treito de 3 quilómetros entre Ponteareas e o túnel da Cañiza
Hai case dous meses que o Ministerio de Transportes comezou as obras de emerxencia no treito da A-52 entre Ponteareas e o túnel da Cañiza, e os condutores apenas ven avances, porque só hai unha máquina traballando.
É un treito de pouco máis de tres quilómetros pero que todos os días dificulta a circulación a milleiros de condutores. O Goberno detectara graves deficiencias de drenaxe tras a aparición de numerosas bolsas de auga na autovía. Un problema que se agravou coas treboadas do mes pasado. Nesta zona rexistráranse varios accidentes, un deles mortal.
O temor é que a situación empeore aínda máis coa chegada do tempo invernal ou de novos temporais. Polo momento, só comezaron os traballos neste treito, pero os problemas afectan un total de 16 quilómetros desta autovía.