Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queiman catro colectores de lixo no centro de Marín

Queiman catro colectores de lixo no centro de Marín

Hai uns meses sucederon dous feitos similares noutras rúas da localidade

G24.gal 09/04/2024 13:46

Era de madrugada cando os veciños da céntrica rúa Ezequiel Massoni de Marín espertaban alarmados polas lapas e os estoupidos dos colectores envoltos en lume. Todos coinciden na rápida actuación da policía local, dos bombeiros e dos veciños para que o incendio non acadara maiores dimensións.

Aínda co susto no corpo, os veciños só pensan no que puido pasar de non sufocar as lapas tan rapidamente. Unha veciña comenta que nu cuarto afectado polas lapas adoitaba durmir unha nena que esa noite non estaba alí. Medo tamén porque nos últimos meses están a repetirse este tipo de accións en diversas rúas de Marín.

A policía investiga agora as posibles motivacións deste incendio, que podería tratarse dun acto de vandalismo ou dunha sabotaxe relacionada cos casos anteriores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade