Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quinta viaxe a Galicia do rei Xoán Carlos, que aterrou en Santiago este martes

Quinta viaxe a Galicia do rei Xoán Carlos, que aterrou en Santiago este martes

Vén para participar nas regatas que se celebrarán esta fin de semana en Sanxenxo

G24.gal 09/07/2024 19:48 Última actualización 09/07/2024 19:59

O rei Xoán Carlos volveu a Galicia este martes, na que xa é a súa quinta viaxe á comunidade no que vai de ano para participar, unha vez máis, nas regatas que se celebrarán esta fin de semana en Sanxenxo.

O monarca emérito aterrou a primeira hora da tarde no aeroporto compostelán da Lavacolla.

O avión en que viaxaba Xoán Carlos I engalou de Lisboa dirección Santiago ás  dúas da tarde, procedente de Vitoria, de onde partiu ao redor das dez.

Unha vez máis, está previsto que o rei emérito participe na regata da Clase 6M a bordo do Bribón.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade