Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quintana defende en Bruxelas o equilibrio entre preservar recursos e actividade pesqueira

Quintana defende en Bruxelas o equilibrio entre preservar recursos e actividade pesqueira

"Se liquidan este sector de actividade, ao final perderá toda a Unión Europea", advirte a Conselleira do Mar

G24.gal 25/01/2023 15:15

En Bruxelas, a conselleira do Mar participa nunha xuntanza no Parlamento Europeo para defender que a pesca galega é respectuosa co medio ambiente. Rosa Quintana quere explicarlles ás autoridades comunitarias que ten que haber un equilibro entre protexer os recursos e que os pescadores poidan traballar.

O equilibrio entre a sostibilidade medioambiental e a social e económica é un debate que gaña forza en Bruxelas.

Rosa Quintana, que participa nunha reunión entre representantes da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo e da Conferencia de Rexións Periféricas Marítima, esixía á Comisión Europea obxectivos realistas que se poidan aplicar ás capturas pero tamén á transición ecolóxica e medioambiental. Do contrario, di a conselleira, o que queda é a desaparición dos barcos. 

"Se non hai pescadores é difícil manter esta actividade, e por moito que estean os recursos en perfecto estado se ao final as políticas que se deciden desde a Comisión levan a liquidar este sector de actividade ao final perderá toda a Unión Europea", dixo Quintana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade