Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quique Fornos, ante o seu pasado

Quique Fornos, ante o seu pasado

O central racinguista pasou dez anos no Deportivo da Coruña

Chegou a debutar no primeiro equipo, pero non tivo a continuidade desexada

Compartiu vestiario con algúns dos que serán os seus rivais o sábado, como Villares ou Bergantiños

G24.gal 03/03/2022 21:56

Este sábado dispútase o derbi do golfo Ártabro que enfrontará en Riazor o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol. No equipo departamental destaca a presenza no eixe da zaga de Quique Fornos, xogador formado na canteira do Deportivo e que onte xogou 'Ao contraataque':

"Sempre é especial. Despois de estar dez anos e chegar a tocar o primeiro equipo, poder xogar alí é diferente. Eles, ao xogar na casa, terán máis presión, sobre todo polos resultados que está tendo o Racing de Santander, cun ritmo moi alto de puntos. Nós temos moito máis que gañar que que perder. Ao mellor o que digo é coa boca pequena, pero eu en principio non asino o empate".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade