Rábade acolle o XXV Máster Nacional de Futbolín
Rábade acolle o XXV Máster Nacional de Futbolín
Participan máis de 300 xogadores cun 33 % de mulleres
Os gañadores vanse repartir máis de 15.000 € en premios
Malia que nesta edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade hai máis de 15.000 euros en premios, a camaradería e o bo ambiente son a tónica entre os participantes.
Veñen para competir pero, sobre todo, a compartir a paixón por un xogo que se ve desprazado cada vez máis polas consolas.
O de Rábade está considerado o mellor campionato de toda España e aquí danse cita os máis destacados xogadores.
Para acadar ese nivel de perfeccionamento hai que dedicarlle moitas horas á semana.
O torneo fai un cuarto de século e ninguén quixo perder o evento. Cada vez hai máis mulleres e este ano son case cen dun total de 300 xogadores.
A cabalo entre o deporte e o xogo de mesa, o futbolín consegue que estes días o segundo concello máis pequeno de Galicia estea ateigado de visitantes.