Un estudo de Harvard di que somos máis felices a partir dos 60 anos
Un estudo de Harvard di que somos máis felices a partir dos 60 anos
A investigación, feita ao longo de 80 anos e con máis de 100.000 persoas, sitúa a plenitude da vida arredor dos 60 anos
Coñecemos hoxe unha das conclusións dun extensísimo estudo da Universidade de Harvard que busca o segredo dunha vida longa e feliz. Os resultados sorprenderon os propios investigadores ao descubriren que os índices de felicidade melloran a partir do 60 anos, cando se achega á idade de xubilación.
Aínda que estamos nunha sociedade que enxalza a xuventude e a beleza, esta investigación, feita ao longo de 80 anos e con máis de 100.000 persoas, sitúa a plenitude da vida arredor dos 60 anos, cando se achega á idade da xubilación. E non só porque sexa o momento de recoller os froitos do traballo e dos esforzo, senón, e sobre todo, porque aprendemos a escoller os conflitos e as persoas coas que nos relacionamos.
Hai máis razóns: que aprendemos a seleccionar as batallas cotiás e a relacionarnos coas persoas que nos fan ben. Os 60 é tamén a idade en que chega o retorno de todos os esforzos e en que, segundo este estudo, a maior conciencia do paso do tempo e os límites da vida, fan que tomemos as cousas doutro xeito.