O duelo entre os dous Rácing marcha para Santander (1-2)
O duelo entre os dous Rácing marcha para Santander (1-2)
Andrés Martín e Karrikaburu marcaron para os visitantes no primeiro tempo
Jáuregi recortou diferenzas nunha boa segunda metade, pero os departamentais non puideron acadar o empate
O Rácing Club impúxose con claridade na primeira metade ao conxunto galego tanto no marcador coma no xogo. Os de Santander empezaron o partido apertando forte e xa tiveron unha ocasión clara nos primeiros minutos con disparo á madeira de Pablo Rodríguez. Uns minutos despois, Andrés Martín poñería ao Rácing Club por diante no marcador, facendo xustiza á superioridade demostrada.
No minuto 18, o propio Andrés Martín perdería a oportunidade de facer un dobrete ao errar un penalti que detivo abaixo Jesús Ruiz. Os ferroláns responderían minutos máis tarde cun bo gol de Bebé, pero atopábase en posición adiantada. Xa no minuto 33, o Rácing Club poñería terra de por medio e faría o seu segundo gol nunha gran xogada persoal de Jon Karrikaburu, que culminaría cunha gran vaselina levando o partido ao descanso con 0-2 en A Malata.
A segunda metade comezou mellor para un equipo ferrolán que meteu tres trocos no tempo de lecer. O infalible Jáuregi marcou á hora de partido o gol que lle daba opcións para a parte final. Meteron moita presión os de Cristóbal Parralo, un remate de Chiki sacouno a defensa baixo paus na mellor oportunidade, pero o líder da Segunda conseguiu aguantar para levar os tres puntos da Malata.