Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta busca o partido perfecto para puntuar en Barcelona

O Celta busca o partido perfecto para puntuar en Barcelona

Rafa Benítez asegura que os números son todos positivos menos na clasificación

"Difícil sí, imposible non", comenta o adestrador celeste sobre o reto de xogar diante do último campión

G24.gal 22/09/2023 11:47 Última actualización 22/09/2023 12:04

O adestrador do Celta, Rafa Benítez, incidiu na conferencia de prensa previa á visita ao Barcelona en que o seu equipo -que poderá contar co equipo ao completo salvo Franco Cervi- "está a facer as cousas ben". 

"Pasáronme hoxe uns números, estamos ben en todo menos na clasificación", di.

Destaca que fronte ao Mallorca non mereceron nin sequera empatar, senón gañar.

"Intentamos axustar en ataque e defensa. Contra o Mallorca perdes, é inesperado e pode pasar o mesmo, que gañemos ao Barcelona", deslizou asumindo que os culés son os claros favoritos para a cita deste sábado.

Respecto ao Barcelona, non escatimou á hora de falar das súas virtudes.

"É un equipo capaz de encarar nas bandas, búscache as costas, ten pases interiores, ten moitas cousas. Iso permíteche ter unhas ideas claras e ter moito diñeiro para levalas á práctica", opinou.

Constatou que é un moi bo equipo e fixouse en que "o propio Xavi fala de que están no seu mellor momento".

"Será difícil, seguro; imposible, non. Se facemos as cousas ben, podemos complicarlle a vida a calquera. Contra o Barcelona, non basta con facelo ben, senón moi ben", avisa.

"Hai que ter plan A, B e C, igual non vale ningún e igual funciona o primeiro e ganas", engade.

O madrileño cre que  Celta fixo unha boa pretemporada e, aínda que comezaron mal fronte ao Osasuna e na primeira parte ante a Real Sociedade, logo cambiaron as cousas.

"Estaba claro que había que axustar cousas, axustámolas e sae ben. Non significa que vaia ser o sistema para sempre -a zaga de cinco-. Gustaríame volver a (a defensa de) catro", recoñece.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade