Cargando resultados...
Rafa Nadal abandona Wimbledon pola lesión no abdominal
Rafa Nadal abandona Wimbledon pola lesión no abdominal
Gañou mancado os cuartos de final pero confesa que non pode afrontar a semifinal diante de Kyrgios
G24.gal
07/07/2022 21:58
Rafa Nadal non optará ao seu terceiro Grand Slam. Nunha rolda de prensa confesou que non pode seguir competindo e decidiu abandonar Wimbledon pola lesión que sufriu no abdominal.
Nadal ten unha rotura de sete milímetros que se produciu no partido de cuartos de final. Malia iso conseguiu sacar forzas e gañar o encontro en cinco sets. Tocáballe xogar a semifinal contra Kyrgios pero despois de probar e de facer as pertinentes probas médicas asegurou que así "é imposible gañar partidos".