Ramón Tamames critica o "Goberno Frankestein" en vésperas da moción de censura
Ramón Tamames critica o "Goberno Frankestein" en vésperas da moción de censura
O candidato de Vox centra os dardos en Podemos e nos separatistas, pero de Sánchez di que ten "coraxe"
Feijóo parécelle un político "razoable" e defende que España é unha "nación de nacións"
Ramón Tamames, xenio e figura, protagonista político inesperado hai poucos meses, amosa unha visión non extremista. En La Vanguardia di: “Sánchez ten coraxe política, o problema é Frankenstein”. Refírese ao Goberno Frankestein. En ABC: "Feijóo, ben; paréceme unha persoa razoable". Diagnóstico do problema: “O Goberno é lexítimo, o problema está en Podemos e os separatistas”.
Considera que en Vox foron valentes por escollelo para a moción:
"Porque teñen valentía de romper cos vieiros normais e din: Tamames non é dos nosos".
Agroman diferenzas substanciais con Vox. Por exemplo, en cuestións semánticas como nación e nacionalidade:
"Teño claro que España é unha supernación. É unha nación de nacións, iso si o teño claro".
A voltas co que denomina Goberno Frankestein:
"Hai un persoal moi interesante, moi interesante de analizar, que puideran dicir hai cinco anos que querían marchar da Unión Europea, abandonar o euro e non pagar a débeda exterior".
Asegura que non é nacionalista español, pero que lle gustaría un Goberno de unidade nacional cos partidos que respectan a Constitución e a monarquía. Sobre a súa traxectoria política bota man de Darwin e da evolución das especies.
"Dinme: vostede cambiou moito. Ben, non son un fósil".
Conta que repasa o texto da moción da censura cada día. Prefire non falar da filtración do borrador e di que xa está disposto para tomar a palabra no Congreso.