Publicador de contidos
Publicador de contidos

Raquel Carrera, MVP no primeiro título de liga do Valencia Basket

Raquel Carrera, MVP no primeiro título de liga do Valencia Basket

A ourensá foi decisiva con vinte puntos e oito rebotes no partido da final ante o Perfumerías Avenida

G24.gal 07/05/2023 23:42

O Valencia Basket conseguiu a primeira Liga Feminina da súa historia logo de impoñerse na final ao Perfumerías Avenida por 2-0. O segundo partido, xogado en Salamanca, acabou con 20 puntos, 8 rebotes e 28 de valoración da xogadora galega, que tivo unha achega decisiva nos dous partidos da final.

Os números desta temporada de Raquel Carrera (21 anos) foron espectaculares. Unha habitual na selección española que promediou 12'3 puntos e 3'3 rebotes nos seis partidos de play off, en que colleu moita importancia no seu equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar