Raquel Sánchez afirma que a lei de vivenda non provocará "unha caída estrepitosa" do prezo dos alugueiros
Raquel Sánchez afirma que a lei de vivenda non provocará "unha caída estrepitosa" do prezo dos alugueiros
Raquel Sánchez afirma que a lei de vivenda non provocará "unha caída estrepitosa" do prezo dos alugueiros
O líder do PP cre que a norma é "o prezo que ten que pagar o presidente do Goberno para manterse na súa vivenda, o palacio da Moncloa"
A lei de vivenda segue o seu camiño no Senado, tras aprobarse no Congreso grazas ao apoio de Bildu e Esquerra. O Partido Popular fala de cesión ao independentismo. Para Alberto Núñez Feijóo, a norma é "o prezo que ten que pagar o presidente do Goberno para manterse na súa vivenda, o palacio da Moncloa".
Para o líder da oposición, a futura lei "facilita a ocupación ilegal de vivendas", algo que negan dende o goberno. "Esta non é unha lei que ampara as ocupacións, non hai que xerar medo", asegurou a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
A ministra impulsora da lei facía estas declaracións nunha conferencia en Barcelona. No acto irromperon un grupo de activistas da Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Cren que a lei é insuficiente e que non vai baixar os alugueiros. A propia Raquel Sánchez recoñecía na súa intervención que os efectos serán limitados e que "non provocará unha caída estrepitosa dos prezos dos alugueiros".
Non o ve así a outra pata da coalición, Unidas Podemos. Segundo a ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, "este Goberno foi valente intervindo por primeira vez o prezo dos alugueiros de maneira masiva, como nunca se fixera neste país".
O Goberno agarda que a lei entre en vigor antes das eleccións de maio.