Publicador de contidos
Publicador de contidos

Raúl Blanco, curmán de Aspas, adéstrase co primeiro equipo do Celta

Raúl Blanco, curmán de Aspas, adéstrase co primeiro equipo do Celta

Na sesión deste venres, Giráldez contou con varios futbolistas do Celta Fortuna

G24.gal 22/03/2024 13:44 Última actualización 22/03/2024 13:51

A presenza de Raúl Blanco, curmán do dianteiro Iago Aspas, exercitándose co primeiro equipo foi a principal novidade no último adestramento da semana do Celta, xa que o técnico, Claudio Giráldez, concedeu tres días de descanso ao seu equipo.

O novo técnico volveu a tirar do filial para completar o adestramento, no que non participaron co grupo Luca da Torre, Javier Manquillo, Renato Tapia e Williot Swedberg, que continúan recuperándose das súas respectivas lesións.

Na sesión deste venres, Giráldez contou cos futbolistas do Celta Fortuna, Manu Fernández, Fer López, Víctor San Bartolomé, Yoel Lago, Raúl Blanco, Joel López, César Fernández e Hugo Álvarez, ademais do xuvenil Manu Catoira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar