Reaccións á remodelación: o Goberno fala de continuismo e a oposición de remuda incompleta
Reaccións á remodelación: o Goberno fala de continuismo e a oposición de remuda incompleta
Feijóo cree que o nomeamento de Miñones é un xeito de promoción cara a Xunta
Dende o executivo destacan a traxectoria profesional dos novos membros do Goberno. A ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, destacou que os dous novos ministros son dúas "persoas magníficas" e con "experiencia de xestión", "moi traballadoras, moi responsables e grandes comunicadores". Afirmou que continuarán coa "liña de traballo" que está a levar a cabo o Goberno e seguir tendo un Executivo "forte e moi preparado" para tomar as decisións adecuadas e desenvolver as políticas que España necesita neste momento.
Dende Unidas Podemos tamén lles dan a benvida e ínstanos a poñerse a traballar nos proxectos que hai pendentes.
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, deu este luns "a benvida" a Héctor Gómez como ministro de Industria e a Manuel Miñones como ministro de Sanidade, pero recalcou que o "noticiable" e "sorprendente" é que o xefe do Executivo manteña nas súas carteiras a titulares "desgastados" como Irene Montero ou Fernando Grande-Marlaska. Ao seu entender, acredita que Pedro Sánchez "non pode e non ten marxe" para facer as remodelacións que faría un "presidente con autoridade". Para o líder da oposición, esta remuda demostra a pouca marxe de manobra que ten Pedro Sánchez.
Para os sindicatos e empresarios moito traballo pendente e pouco tempo por diante.