Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reactívanse as queimas autorizadas e cómpre comunicalas con dous días de antelación

Reactívanse as queimas autorizadas e cómpre comunicalas con dous días de antelación

Na notificación deberá confirmarse tamén que se trata de restos seguros 

G24.gal 16/10/2023 19:37

Coincidindo coa chuvia, reactívane este martes as notificacións para que os particulares poidan facer queimas agrícolas. 

Os usuarios deberán confirmar que han queimar materiais naturais, non perigosos, dos que se usan nas explotacións agrícolas ou gandeiras como palla ou material natural non perigoso.

Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén respecto diso, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación.

A comunicación da queima debe facerse con dous días de antelación. Así mesmo, tamén se han retomar as solicitudes de autorización para queimar restos forestais que han cumprir autorización administrativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade