Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reactívase o conflito entre o sector do taxi e os VTC, os vehículos con condutor

Reactívase o conflito entre o sector do taxi e os VTC, os vehículos con condutor

Hoxe as protestas foron en Madrid. Os taxistas denuncian que nova lei madrileña de transportes permitirá circular a 9.000 vehículos VTC

G24.gal 01/06/2022 14:24

Reactívase o conflito entre o sector do taxi e os vehículos con condutor, os VTC. Os taxistas volveron colapsar as rúas de Madrid. Protestan contra as plataformas Uber ou CabiFy.

Din que a nova lei de transportes autonómica permitirá a circulación de 9.000 destes coches pola capital. A manifestación estaba convocada pola Federación de Profesionais do Taxi, que aglutina uns 6.000 profesionais.

Hai só unha semana tamén se manifestaban os taxistas en Barcelona, pedindo o cesamento da actividade dos VTC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade