O Barcelona demostra terlle a medida tomada ao Real Madrid
Gañou no Santiago Bernabeu por 0-1 na ida das semifinais da Copa do Rei

Tiña ausencias moi importantes, como as de Pedri, Lewandowski ou Dembélé, estivo lonxe daquela versión do Barcelona dominador co balón pero o equipo de Xavi demostrou terlle a medida tomada ao Real Madrid cun triunfo por 0-1 que o achega á final de Copa.
O primeiro tempo foi de cor branca. Avisou Modric cando non se cumprira o primeiro minuto. Si marcou Benzema no 13, pero o colexiado anulouno por un claro fóra de xogo. Atacaba o Real Madrid, pero o que conseguiu o tanto foi o Barcelona nunha xogada de Kessié ao límite da posición antirregulamentaria que acabou metendo Militão na súa portería.
El Barça se adelanta en el Bernabéu. Militão, en propia meta. #LaCopaMola pic.twitter.com/ko4iZddbIt
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 2, 2023
A partir dese intre os locais aceleráronse fixándose máis no árbitro que no partido e xerando menos perigo sobre a porta de Ter Stegen.
Na segunda parte volveu entrar mellor o Real Madrid, con moitos achegamentos sobre a área do Barça, pero sen xerar grandes ocasións. A mellor, de feito, foi para o Barcelona noutro remate de Kessié que Ansu Fati desviou cando parecía ir camiño da rede. O Madrid tivo o empate no 90 cun remate de Rodrygo que saiu a rentes do pau.
¿Entraba ese balón?
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 2, 2023
Ansu Fati se cruzó en la trayectoria del remate de Kessié. #LaCopaMola pic.twitter.com/Pda8EJkCZL
A eliminatoria mantense aberta, pero o Barcelona apañou un triunfo que o achega á final. Decidirase todo no Camp Nou.