Publicador de contidos
Publicador de contidos

Realidade virtual para a rehabilitación de persoas con diversidade funcional

Realidade virtual para a rehabilitación de persoas con diversidade funcional

É un proxecto de investigación en que colabora a Universidade da Coruña

G24.gal 07/04/2022 21:11

Na Universidade da Coruña están a probar unha tecnoloxía de realidade virtual para favorecer a rehabilitación das persoas con diversidade funcional. Experimentan por primeira vez coa realidade virtual en situacións da vida cotiá, como pode ser abrir unha billa ou preparar o almorzo. 

A Universidade da Coruña colabora neste proxecto de investigación de realidade virtual aplicada a persoas con diversidade funcional, neste caso con dano cerebral, que emprega a tecnoloxía denominada Leap Motion.

"Normalmente, nos xogos de realidade virtual, empregamos mandos para poder interactuar. Aquí o que se utiliza é un aparato que se chama Leap Motion que nos permite detectar as nosas mans", afirma Manuel Lagos Rodríguez, do grupo de investigación Talionis-Citic.

A finalidade é facilitar aos terapeutas e centros sanitarios a rehabilitación das habilidades físicas e cognitivas.

"Hai xente que igual no ten forza suficiente para facer un agarre, pero aquí si que o pode facer. Ver na pantalla como pode agarrar un obxecto motiva máis para, máis adiante, traballar con obxectos reais", di Inés Cortés, terapeuta ocupacional da Asociación de Dano Cerebral da Coruña.

Esta tecnoloxía ao servizo das persoas tamén lles permite decatarse de que poden ser máis funcionais no seu día a día de forma autónoma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade