Cargando resultados...
As rebaixas deben conservar a garantía e a calidade dos produtos
As rebaixas deben conservar a garantía e a calidade dos produtos
Recomendan facer un presuposto previo para evitar gastos superfluos
G24.gal
03/01/2022 19:03
Neste comezo de rebaixas de xaneiro, a Organizacion de Usuarios e Consumidores lembra que o único que se reduce é o prezo o que non debe significar unha merma da garantía nin da calidade do produto.
A OCU sinala que as etiquetas deben conter o prezo antigo xunto ao rebaixado, que o producto debe ser dos que estiveran 30 días antes á venda no establecemento e que cómpre conservar sempre a factura de compra para poder cambialo.
A organización tamén alertou das compras compulsivas e, como truco contra elas, propón facer un pequeno presuposto previo do que queremos gastar.