Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman a eliminación dun punto negro en Guillade despois de catro atropelos mortais

Reclaman a eliminación dun punto negro en Guillade despois de catro atropelos mortais

Piden que se reduza o límite de velocidade a 50 km/h desta zona de Betanzos

G24.gal 21/04/2023 14:02

Sen respectar a velocidade; así circulan moitos vehículos pola estrada AC-542, ao seu paso polo lugar betanceiro de Guiliade.

O exceso de velocidade está detrás dos catro atropelos mortais que se rexistraron, hai anos, nun treito de 200 metros.

Agora aos veciños intranquilízaos que, de non reducir o límite de velocidade, volva repetirse outro tráxico accidente, porque son conscientes de que segue habendo sinistros.

Queren que se tomen medidas canto antes, porque consideran que a seguridade viaria é fundamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade