Reclaman máis apoio para lograr a inclusión real das persoas coa síndrome de Asperger
Reclaman máis apoio para lograr a inclusión real das persoas coa síndrome de Asperger
O 18 de febreiro celébrase o Día Internacional deste trastorno neurobiolóxico, incluído no espectro autista
Desde o ano 2013 a síndrome de Asperger está incluída nos trastornos do espectro autista, que comparten características como as dificultades nas interaccións sociais, a inflexibilidade mental ou os intereses restrinxidos. Neste 18 de febreiro, Día Internacional da Síndrome de Asperger, as persoas afectadas piden comprensión e apoio para sumar nunha sociedade que será mellor cando abrace a diferenza.
Hugo Vigara ten 17 anos e un presente que non é moi diferente ao de calquera rapaz que transita a adolescencia. Gústalle saír cos amigos e coa moza e botar tempo co móbil, estuda unha FP e debuxa un futuro no que se imaxina como un adulto autónomo. Un camiño, como o de calquera, no que atopará obstáculos e, a maiores, a incomprensión dunha parte da sociedade, incapaz de ver máis aló das dificultades e aproveitar o potencial das persoas con síndrome de Asperger.
Asociacións como Asperga reclaman máis apoio a nivel social, institucional e laboral para avanzar na senda da inclusión das persoas con TEA.