Traballadores e veciños reclaman que se abra a mina da Penouta

Este xoves concentráronse ante o TSXG e advertiron do impacto económico que tería o peche definitivo da explotación

G24.gal 09/11/2023 14:48

Traballadores da mina de Penouta e veciños da comarca de Viana do Bolo concentráronse este xoves diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para reclamar que a mina continúe aberta.

O mes pasado este órgano decretou o peche cautelar da actividade e os 129 traballadores están nun ERTE ata decembro, temen que a decisión definitiva sobre a mina se prolongue e acaben perdendo os seus empregos.

Insisten en que conta cos permisos medioambientais e advirten do impacto económico que suporía para toda a comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade