Os Premios Meninas recoñecen o compromiso fronte á violencia de xénero
Os Premios Meninas recoñecen o compromiso fronte á violencia de xénero
As gañadoras son Guadi Galego, o Foro Feminista de Lugo, a Xeración Sociedade Cooperativa Galega e a Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo
A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, a artista Guadi Galego, o Foro Feminista de Lugo, a Xeración Sociedade Cooperativa Galega e a Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo, foron as galardoadas cos Recoñecementos Meninas deste ano en Galicia.
Estes recoñecementos premian o traballo e compromiso de persoas ou entidades fronte á violencia contra as mulleres. Foi nun acto presidido polo delegado do Goberno para conmemorar o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
José Miñones lembrou que no que vai de ano 6.000 mulleres sufriron algún tipo de agresión física ou psíquica en Galicia.