Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intensa recta final na Primeira Federación

Intensa recta final na Primeira Federación

O Racing, o Deportivo e o Celta B apuran as súas opcións na loita polo ascenso

O Pontevedra non depende de si mesmo para salvarse

08/05/2023 13:55 Última actualización 08/05/2023 15:09

Cando faltan tres xornadas para que remate a liga de primeira federación, non hai nada decidido. Na loita polo ascenso o Racing, o mellor clasificado agora mesmo, a un punto do líder e do ascenso directo, ten que recibir ao Badaxoz, viaxar ao campo do cabeiro, o Talavera e recibir na última xornada a outro dos equipos galegos que loitan polo play off: o Celta B

Cristóbal Parralo: "Loxicamente moi ilusionados, se queremos quedar o máis arriba posible temos que gañar cada partido".

O Deportivo, a catro puntos do liderado, vai a Linares o domingo, recibe en Riazor ao Alxeciras e pecha a liga en Pasarón.

 Óscar Cano: "Quedar primeiro é practicamente imposible, pero tamén vimos cousas moi raras no fútbol. Non pensemos que se acabaron as opcións de ascender, senón que hai outro camiño".

Nese outro camiño, o da promoción de ascenso é no que está o Celta B. O filial celeste, quinto clasificado, xoga o domingo en Alxeciras, recibe ao Ceuta e viaxa na última xornada a Ferrol.

Claudio Giráldez: "Supercontento de onde estamos a nivel clasificatorio, e oxalá poidamos manternos aí as tres xornadas que quedan porque é un soño co que non contabamos e temos moi cerca agora mesmo".

E o Pontevedra afronta os últimos partidos nunha situación crítica, a seis puntos da permanencia, con só nove por disputar pero aínda non se da por vencido...

Juan Señor: "Mentres matematicamente non estea...".

Os tres partidos que lle quedan son na casa ante Unionistas, fóra co Badaxoz e remata a liga recibindo o Deportivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade