Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recuperan a memoria dos coruñeses deportados aos campos de concentración nazis

Recuperan a memoria dos coruñeses deportados aos campos de concentración nazis

O Concello e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica sumánse ao Proxecto Stolpersteine sinalizando as biografías de 17 veciños da cidade

A iniciativa do artista alemán Gunter Demnig leva colocadas máis de cen mil placas de bronce en 31 países 

G24.gal 19/07/2023 15:28 Última actualización 19/07/2023 16:00

A Coruña súmase a un proxecto internacional que rescata a memoria das vítimas do Holocausto nazi colocando placas informativas diante das casas onde naceron ou viviron os veciños da cidade que acabaron nos campos de concentración. 

No número dez da rúa Porta do Aire, na cidade vella da Coruña, viviu Julio Martínez Árias, un enxeñeiro que en 1936 se alistou no exército da República. Ao final da Guerra Civil, exiliado en Francia, colaborou coa resistencia aos nazis e acabou deportado en Mauthausen. A súa será unha das primeiras biografías de coruñeses incorporada ao proxecto promovido desde os anos 90 polo artista berlinés Gunter Demnig para lembrar as vítimas do Holocausto. 

Amais da de Julio Martínez, hoxe colocáronse 6 das 17 placas de coruñeses rexistrados pola Asociación de Defensa da Memoria Histórica convertendo a cidade no primeiro lugar de Galicia que se suma ao Proxecto Stolpersteine. A ARMH aspira, en colaboración coas familias dos deportados, a poder facer o mesmo cos 200 galegos que, segundo as súas investigacións, pasaron polos campos nazis. 

Amais de restituír a memoria e canalizar a dor dos familiares que arrastraron o pesar durante décadas, os promotores destas rutas simbólicas consideran que é unha maneira de manter viva a consciencia de algo inconcibible para que evitar que se repita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade