Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recuperan os anxos ocultos da catedral de Ourense

Recuperan os anxos ocultos da catedral de Ourense

Son 17 figuras que permanecían divididas dende hai 5 séculos

Poden ser obra dun discípulo do Mestre Mateo

G24.gal 22/05/2023 20:13 Última actualización 22/05/2023 20:19

Ata hai poucos días, só os expertos entendían que era o que se vía dende o interior da catedral no arco desta fachada. Agora xa se sabe que era a parte traseira dos anxos que adornan o pórtico no exterior do templo. Un erro de hai cinco séculos deixounos divididos por unha vidreira.

Os anxos teñen rasgos que apuntan á autoría dalgún discípulo da escola do Mestre Mateo e foron construidos para que se apreciasen dende a parte baixa da praza. A súa recuperación foi moi laboriosa logo de cinco séculos divididos. Con todo, o resultado está a ser moi valorado. 

Así pois, un novo motivo para visitar a catedral de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade