Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recuperan o trigo do país para facer pan galego

Recuperan o trigo do país para facer pan galego

Hai cinco anos creouse unha asociación que prové a IXP de Pan de Galicia

Temen que o prezo do cereal se altere pola guerra de Ucraína

G24.gal 05/03/2022 14:32

Trigo autóctono, das variedades caaveiro e callobre, é o que está aquí sementado, nunha leira de Vilalba. Foi aquí onde xurdiu, hai xa cinco anos, unha iniciativa para producir trigo do país. Toda a produción vai destinada ao mercado galego, en concreto para a IXP Pan de Galicia. 

Con todo, o sector non é alleo á crise orixinada pola guerra de Ucraína.

A escalada de prezos xa se nota, pero aventurar a canto se pagará é complicado. O que si observan é que cada vez hai máis persoas interesadas en producir trigo do país. 

A principal eiva é a rendibilidade do cultivo do trigo. 

A produción de trigo autóctono, de momento é reducida, pero pode converterse en estratéxica en función de como evolucione o mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade