Restablécese o servizo ferroviario entre Vigo e Ourense
Restablécese o servizo ferroviario entre Vigo e Ourense
Tres voos con orixe ou destino a Vigo canceláronse nas últimas horas
Usuarios do tren entre Vigo e A Coruña estiveron preto de dúas horas parados en Rois por unha avaría
Galicia recuperou parte dos servizos ferroviarios que foron suspendidos desde a tarde do mércores polos efectos da borrasca Ciarán, que obrigou a cancelar outros tres voos con orixe ou destino no aeroporto de Peinador, en Vigo.
Na tarde deste venres recuperouse o tráfico ferroviario na liña Vigo e Ourense.
Onde aínda non ser recuperou a actividade é na liña de proximidade e Media Distancia de Ancho Métrico entre Ferrol e Oviedo. O resto de servizos ferroviarios en Galicia están operativos este venres, como confirman estas fontes.
Nos aeroportos galegos, a remisión dos efectos do temporal permitiu que as terminais de Alvedro (A Coruña) e Rosalía de Castro-A Lavacolla (Santiago) recuperaran a normalidade.
Con todo, en Vigo rexistráronse tres cancelacións de voos de conexións co aeroporto de Madrid-Baraxas por climatoloxía adversa, segundo trasladaron fontes de Aena.