Publicador de contidos
Publicador de contidos

Redondela acolle o seu tradicional Festival de monicreques

Redondela acolle o seu tradicional Festival de monicreques

Durante o certame, que acada a súa XXIV edición, pasarán unhas 300.000 persoas pola vila das Rías Baixas

Os artistas durante unha actuación
G24.gal 17/05/2023 21:35

Ata o vindeiro día 21 a vila de Redondela acolle a vixésimo cuarta edición do seu festival de monicreques que se desenvolve polas súas rúas. Nela participan un total de 26 compañías procedentes dos máis diversos países.

A meirande parte dos espectáculos de titiriteiros desenvólvese tanto polas rúas como polas súas prazas e teñen coma temática aos exploradores e persoeiros fantásticos, facendo as ledicias tanto dos máis pequenos coma dos maiores.

Neste festival inernacional réndese homenaxe a compañía galega Trécola con unha exposición de marionetas e bonecos que estarán instalados nos escaparates da vila.

Mentres dure este certame, agárdase que unhas 300.000 persoas se acheguen ata Redondela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade