O festival Galicreques chegou á súa fin por este ano con éxito de público
O festival Galicreques chegou á súa fin por este ano con éxito de público
Foron nove días de teatro de monicreques en que participaron trinta compañías de oito países
O festival remata coa entrega do premio Galicreques 2024 a Eduardo Rodríguez Tatán
Galicreques baixa o pano da súa 29 edición. Un dos últimos espectáculos deste Festival Internacional veu da man este domingo do Teatro Arbolé, de Zaragoza. Foron nove días de teatro de monicreques en que participaron trinta compañías de oito países.
"Contan unhas historias marabillosas, con paixón, unha marabilla", di un dos nenos asistentes.
Desde a organización de Galicreques destacan o éxito do festival e o seu papel como punto de encontro.
"Foi un ano con moitas sorpresas, con moitas compañías, a programación máis completa dos últimos anos e cunha variedade tan importante de espectáculos", destaca Jorge Rey, director do Festival de Galicreques.
O festival remata coa entrega do premio Galicreques 2024 para un dos grandes nomes das artes escénicas, cunha longa traxectoria como actor e monicrequeiro.
"É un premio a Eduardo Rodríguez Tatán, un actor, un monicrequeiro, un facedor de cultura", di Jorge Rey.
"Agradézoo moitísimo porque é unha homenaxe, un agradecemento, un querer a profesión. Levo xa 40 anos traballando nos monicreques e estes premios que veñen da profesión son os máis marabillosos e estou contentísimo", destacou Eduardo Rodríguez Tatán, monicrequeiro e Premio Galicreques 2024.