Publicador de contidos
Publicador de contidos

Espectáculo de monicreques para os máis pequenos

Espectáculo de monicreques para os máis pequenos

Periferia Teatro achega a temática dos cambios na estrutura familiar

G24.gal 22/04/2024 14:03

Pés miúdos desfilaban hoxe polos corredores do auditorio Gustavo Freire de Lugo. Había balbordo, risas e ganas de ver a actuación programada por Afundación para os escolares máis pequenos. Pingüín é o título desta obra de monicreques da compañía Periferia Teatro que aborda o tema dos cambios na estrutura familiar, como se sente un cativo cando chega un novo membro á familia.

"Fala sobre que pasa na casa cando chega un irmán. Esa emoción que sentimos de pequenos cando temos que compartir o cariño dos nosos pais", explica Mariso García, da compañía Periferia Teatro.

O pingüín Bobo foi o gran protagonista.

"O pingüín estaba triste", "marchou", "porque pensaba que non o querían".

Pero estivo acompañado doutros animais. Cada quen escolleu o seu favorito.

"Había pingüíns, golfiños, focas", "había tiburóns", "a min gustáronme os golfiños".

A lección quedou clara, un irmán é un amigo para toda a vida. Esta produción que acumula numerosos premios conxugou máis aló dos pupitres unha actividade lúdica co fortalecemento de valores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade