Redúcese a ocupación do deporte profesional ao 75 % en exteriores e ao 50 % en interiores
Redúcese a ocupación do deporte profesional ao 75 % en exteriores e ao 50 % en interiores
O Ministerio de Sanidade e as comunidades tomaron esta decisión que afecta a liga de Primeira e Segunda división de fútbol e a liga ACB
O Consello Interterritorial de Saúde acordou este mércores reducir ao 75 por cento a ocupación en competicións profesionais deportivas en exteriores e ao 50 por cento en recintos interiores, ante a alta cifra de contaxios provocada pola variante ómicron do coronavirus.
Deste xeito, redúcense as porcentaxes os espectadores máximos autorizados nos partidos de LaLiga de fútbol, que se renova esta fin de semana tras o descanso de Nadal, e da de baloncesto, que xa aprazou varios encontros previstos para esta semana. Inclúe tamén medidas para evitar aglomeracións de público tanto nos accesos como nas saídas destes eventos.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, detallou que será obrigatorio o uso de máscara e que non estará permitido fumar nin comer nin beber. Darias fixo un chamamento para que os espectadores cumpran estas medidas e tamén avogou por que o público que acuda sexa preferentemente local para evitar mobilizacións.