Publicador de contidos
Publicador de contidos

Refachos de vento de ata 126 km/h en Euskadi cancelan seis aterraxes en Bilbao

Refachos de vento de ata 126 km/h en Euskadi cancelan seis aterraxes en Bilbao

Uns regresaron ao aeroporto de orixe e outros desviáronse aos máis próximos

Un avión aterrando esta tarde sen dificultades, malia o vento, no aeroporto bilbaíno de Loiu Un avión aterrando esta tarde sen dificultades, malia o vento, no aeroporto bilbaíno de Loiu
G24.gal 02/01/2024 20:28 Última actualización 02/01/2024 20:52

Os intensos refachos de vento do sur rexistrados en Euskadi impediron a aterraxe de seis avións no aeroporto de Loiu de Bilbao, e polo tanto os pasaxeiros que irían de volta neses avións quedaron en terra.

Os refachos chegaron a alcanzar os 126 km/h nas vilas dos arredores da capital biscaíña.

Non houbo problemas graves, pero si caídas de árbores e sinais de tráfico canda desprendementos de fachadas.

O vento tamén impediu aterrar outro avión en Santander.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade