Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reforma unha casa e atopa cartos agochados, pesetas que agora xa non pode cambiar

Reforma unha casa e atopa cartos agochados, pesetas que agora xa non pode cambiar

Toño Piñeiro atopou un total de 9 millóns de pesetas en botes de cacao, pero o período para cambialo por euros xa pasou

G24.gal 06/09/2022 16:18

Mercou unha casa antiga en Sober para restaurala e xubilarse. O que non puido imaxinar o novo propietario é que tras as paredes había 9 millóns de pesetas, perfectamente conservados en botes de cacao. 

O que non imaxinaba este home é que ao volver de Valencia á súa vila natal de Sober para xubilarse, ía ter esa sorpresa que lle gardaban as paredes da súa nova vivenda.

Nos inicios da reforma atopou dous botes con cartos que empregou para arranxar o tellado. O equivalente a uns 20.000 euros.

O problema teno agora, xa que os restantes, máis de 30.000 euros, non pode cambialos a euros xa que o Banco de España non llo permite, e polo tanto o tesouro pasa a ser un tesouro envelenado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade