Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresa a Cádiz o Juan Carlos I, buque insignia da Armada,tras someterse a unha revisión en Marín

Regresa a Cádiz o Juan Carlos I, buque insignia da Armada,tras someterse a unha revisión en Marín

É o buque anfibio de maior tamaño que ten a Armada española

Pode albergar ata 30 aeronaves e a 1.435 tripulantes

Buque de guerra Juan Carlos I, atracado no peirao comercial de Marín
G24.gal 29/04/2022 14:14

A súa esvelta figura acaparou todas as miradas. Era a primeira vez que o Juan Carlos I atracaba en Marín, pero a súa non foi unha visita de cortesía.

"O barco veu a Marín porque dentro da Escola Naval está o Centro de Medidas Electromagnéticas da Armada. Para que nos entendamos, viñemos a comprobar que todas as antenas que ten o barco, este é un barco de guerra, ten moitas antenas de radio, de radar, que todas as antenas emiten como teñen que emitir. Pasamos unha especie de ITV que pasan todos os barcos de guerra cada 5 anos", explica o Capitán de navío Vicente Rubio, comandante do Juan Carlos I.

Este é o portaaeronaves máis grande que ten a Armada española cunha cuberta de voo de máis de 200 metros e con capacidade para albergar ata 30 avións e helicópteros.

 "O seu valor ven polo seu tamaño. É un barco portaavións e ademais é un barco anfibio para levar unha forza de desembarco de Infantería de Mariña e, polo tanto, canto máis grande, máis soldados, máis camións, máis vehículos podemos levar", continúa.

O buque que conta cun hospital, está tamén preparado para realizar misións humanitarias como evacuacións en zonas de crise e catástrofes.

 "A actividade normal do barco é adestramento, preparámonos para actuar en calquera lugar do mundo, cando faga falta e se nolo demandan", apunta o comandante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos