Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresan os bombeiros galegos que axudaron nos incendios de Chile

Regresan os bombeiros galegos que axudaron nos incendios de Chile

Fan unha valoración moi positiva da experiencia persoal e profesional

Traballaron tanto en zonas costeiras coma de montaña

G24.gal 25/02/2023 19:57 Última actualización 25/02/2023 20:02

Pablo e Alberto descansan uns días logo de pasar dúas semanas combatendo os lumes forestais de Chile. Estiveron en diferentes zonas do país suramericano onde a seca prolongada fixo que os incendios se estean a volver incontrolables. Puideron así coñecer novos métodos de traballo en hábitats diferentes do seu medio habitual e intercambiar técnicas con outros bombeiros.

Estes bombeiros da BRIF de Laza viviron situacións moi duras debido á intensidade dos lumes, que deixaron 30 persoas mortas, mil feridas e 800 vivendas arrasadas. Mesmo un dos seus compañeiros perdeu a vida nos labores de extinción. No positivo quédalles o feito de que puideron axudar e o agradecemento das persoas que auxiliaron.

Aínda que acaban de regresar, Pablo e Alberto din que non lles importaría volver partir para axudar onde sexa preciso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade