Remata a conta atrás para o Entroido de Xinzo de Limia
Remata a conta atrás para o Entroido de Xinzo de Limia
A partir das 11 da noite deste sábado comeza a festa máis agardada co Petardazo
O Domingo Fareleiro abre o ciclo do Entroido limiao, o máis longo da península
Por diante quedan cinco semanas de troula, ilusión, alegría para vivir unha das citas máis máxicas na provincia de Ourense
Comeza o tempo de Entroido. Porque en Xinzo de Limia acábase a conta atrás para o inicio da festa máis agardada na vila. Este sábado á noite volven os disfraces a encher as rúas co Petardazo e hoxe ultiman tamén todos os preparativos para o Domingo Fareleiro, o momento que marca o inicio do ciclo do Entroido máis longo da península, unha festa declarada de Interese Turístico Internacional.
No museo do Entroido de Galicia ultiman todos os preparativos para o Domingo Fareleiro, un dos momentos máis especiais para a xente de Xinzo e que cada ano atrae máis visitantes.
É moito traballo organizativo para a comisión do Entroido de Xinzo e da asociación cultural da Pantalla para gozar sen perder a tradición dunha festa recoñecida de Interese Turístico Internacional.
E tamén en Laza abren hoxe o seu Entroido co inicio dos folións dos venres, quentando motores para os días grandes.