Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata a moratoria para limitar o contido máximo de sal na elaboración do pan

Remata a moratoria para limitar o contido máximo de sal na elaboración do pan

O pan común non poderá conter máis de 13,1 gramos de sal por quilo de pan

O sal achega sabor e ten un efecto regulador da fermentación

G24.gal 01/04/2022 21:05

A partir de agora o contido máximo de sal permitido no pan común é de 13,1 gramos por quilo. A medida xa estaba contemplada na norma que entrou en vigor en 2019, pero o sector panadeiro gozou dunha moratoria de case tres anos para efectuar os axustes oportunos nos seus procesos de produción.

É o caso da panadería Da Cunha, unha das que elabora o coñecido pan de Carral.

"Un pan con máis sal ten máis sabor. No noso caso como temos o sabor aportado polas longas fermentacións e a masa nai para nós esa parte foi ben sinxela. Pero o sal non únicamente aporta sabor ao pan, senón que tamén ten un fin tecnolóxico como regulador da fermentación do pan. Entón unha menor concentración de sal pode traducirse nun menor contido en levadura ou menor temperatura de fermentación ou mesmo acurtar tamén eses tempos", explica Roberto López Toja, enxeñeiro agrónomo e responsable de produción de Panadería Da Cunha.

A norma de calidade do pan logrou mellorar o produto e así o percibe case o 75% dos consumidores, segundo o Barómetro do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que avalía a confianza da poboación no sector agroalimentario.

Para Roberto López Toja "nese Real Decreto do que se fala é dunha definición verdadeira de masa nai e dunhas concentracións que de verdade fan que o pan teña ese toque sutil, eses ácidos orgánicos e ese sabor diferencial".

A finalidade da norma é regular a calidade do produto para obter un pan máis saudable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade