Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata a noite de festa ferido no hospital e o coche que lle prestaron esnafrado nun piñeiro

Remata a noite de festa ferido no hospital e o coche que lle prestaron esnafrado nun piñeiro

Perdeu o control do coche cando baixaba de Paraíso, no concello de Portas

O coche parou co lateral esquerdo contra o piñeiro, como amosan as imaxes cedidas
G24.gal 07/03/2022 13:04

Un piñeiro ao lado do camiño que baixa de Paraíso é onde foi parar o coche que un veciño dese lugar do concello de Portas lle prestou ao curmán tras unha noite de festa  para que regresara á súa casa.

Eran case as nove da mañá deste domingo e no coche ía só o chofer. Tras saír dunha curva foi pola marxe dereita por un desnivel ata bater lateralmente contra a árbore.

Ao lugar do sinistro acudiron unha dotación de bombeiros que non chegaron a intervir, efectivos de urxencias médicas e de Protección Civil de Cuntis e de Portas, ademais dunha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

O condutor, duns trinta anos, foi evacuado ao hospital do Salnés. No sitio do sinistro tamén se presentou o dono do coche que puido comprobar a desfeita en que acabou a noite de troula: o curmán na  ambulancia con feridas, ao parecer, nunha perna e o coche estragado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade